O 22 de xullo foi publicada no «Boletín Oficial do Estado» a Resolución do 11 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, pola que se prohibe ofrecer apostas sobre eventos que sexan protagonizados exclusiva ou maioritariamente por menores de idade.
Nesta Resolución determínanse dúas regras específicas e diferenciadas entre si: unha para competicións dirixidas exclusivamente a persoas con 18 anos ou menos e outra para todos os eventos ofertados por un operador.
Un evento, tal e como se encargan de especificar as ordes ministeriais que regulan as modalidades de apostas reguladas, é un acontecemento, deportivo ou doutra clase, previamente determinado polo operador no seu programa e que se desenvolve no marco dunha competición deportiva ou doutro tipo ou á marxe dela. Esta Resolución afecta, polo tanto, as apostas sobre competicións ou eventos, pero non as apostas sobre feitos ou circunstancias que forman parte ou se desenvolven no marco daqueles, que se poderán ofrecer sempre e cando o evento ou a competición nas que se enmarquen estea permitido.
A continuación, explícase o modo no que estas dúas regras (competición e evento) deben ser aplicadas por aqueles operadores que estean a comercializar algunha das modalidades de apostas permitidas pola lexislación vixente.
Neste caso, prohíbese ofrecer apostas sobre todos os eventos da devandita competición, pois neles existe un risco especialmente significativo de que a gran maioría dos eventos ofertados acaben sendo protagonizados por menores de idade.
Esta regra debe aplicarse a todos e cada un dos eventos ofertados por un operador no seu programa de apostas, aplicando as seguintes regras interpretativas:
Ofrécense a continuación algúns exemplos prácticos de aplicación desta prohibición: